Máis descontos para familias numerosas na Residencia

Este cambio normativo responde á prioridade de executar políticas en materia de acción social de apoio á familia

A Xunta aprobou a modificación do decreto que establece os prezos públicos polas prestacións das residencias de tempo libre, que no caso da provincia de Ourense afecta a Residencia do Tempo Libre do Carballiño. O obxectivo é incluír a posibilidade de que sexa compatible a aplicación do desconto por familia numerosa co resto dos descontos previstos.

A implementación da modificación do réxime de prezos públicos da residencia suporá a aplicación de maiores descontos ás familias numerosas, que poderán acumular o desconto do 30% nestes prezos, actualmente previsto, con outros que tamén son aplicables: os destinados a nenos de entre 2 e 12 anos, para persoas con discapacidade, para persoas maiores de 60 anos, para grupos ou para mulleres vítimas de violencia de xénero.

Este cambio normativo responde á prioridade de executar políticas en materia de acción social de apoio á familia.

Te puede interesar