A maleza invade a Ponte Veiga, un antigo paso da Idade Media

A falta de mantemento de determinadas paraxes naturais e zonas de esparcemento do municipio do Carballiño están a dar unha mala imaxe ós visitantes, según o voceiro do PSOE na Corporación, Francisco Fumega.
Entre as áreas que se atopan cheas de maleza, os socialistas destacan o estado da Ponte Veiga, un paso sobre o río Arenteiro que data da época medieval e que está catalogado no Inventario de Patrimonio. As prantas que creceron dende a base da estructura, ademais de non deixar ésta á vista, están a provocar desprendementos de pedras.

O alcalde, Argimiro Marnotes, apuntou que 'o anterior goberno municipal non fixo ningún tipo de limpeza antes de que nós tomásemos posesión'. Engadiu que 'co escaso persoal que temos, tentaremos comezar a limpar unha vez pasadas as festas patronais'.

Te puede interesar