A Mancomunidade impartirá talleres de estimulación cognitiva nos concellos

A Mancomunidade de Concellos do Carballiño pon en marcha a cuarta edición dos talleres de estimulación cognitiva denominados “Entrenando as cabeciñas”. Trátase dunha actividade destinada a persoas maiores de 50 anos, moi importante para fomentar as capacidades cognitivas e un envellecemento activo e saudable.

Esta iniciativa será impartida polo Programa de Educación Familiar; e serán as tres educadoras que forman o equipo as que se desprazarán a cada un dos catro  concellos integrantes para traballar áreas tan importantes como a linguaxe, a memoria, o cálculo, a atención e as funcións executivas. A actividade dará comezo o 18 de abril e os interesados deberán comunicalo nos seus respectivos concellos. Está previsto continuar co seu desenvolvemento ata o mes de xuño, sempre e cando se manteña a demanda da actividade.

Te puede interesar