POLÍTICA LOCAL

Marco Reboredo lamenta a súa expulsión do grupo do BNG

O concelleiro nacionalista afirma que seguirá na corporación do Carballiño como non adscrito 

O concelleiro do Carballiño Marco Reboredo, recentemente expulsado do grupo municipal do BNG tras abandoar a militancia desta formación política, declarou que "nunca fixen nada que contradiga os estatutos do BNG e como me presentei na candidatura do BNG Asambleas Abertas, gustaríame seguir nese grupo", matizando que "non é ningunha incoherencia porque na candidatura a maioría eran independentes e tamén porque é un programa que comparto ó cen por cento".

Reboredo, que xa pasou a ser concelleiro non adscrito dentro da Corporación do Carballiño, insistiu en que lle gustaría continuar no grupo municipal do BNG, pero que esta formación "non o viu así".

Sobre os motivos que o impulsaron a darse de baixa como militante, sinalou que "non comparto a estratexia do BNG porque desde as eleccións xerais decide enrocarse máis sen escoitar aos votantes e cidadanía". 

O edil repróchalle que non comparte relacións con outras organizacións políticas. "Mentres participa en grupos de Diputacións e concellos co PSdeG é incapaz de compartir grupo con Martiño Noriega en Santiago e Xulio Ferreiro, en A Coruña", puntualiza. Deste xeito, tamén engade que "non quero ser cómplice de que Alberto Núñez Feijóo siga sendo presidente, porque esta división só beneficia ao PP", concluíndo que "vou seguir no Concello como non adscrito ata que o BNG cambie de criterio".

Te puede interesar