Marisa Crespo Leiro recibe o V Premio Ágora do Orcellón

Marisa Crespo Leiro recibe o Premio Ágora do Orcellón.
photo_camera Marisa Crespo Leiro recibe o Premio Ágora do Orcellón.
O Instituto de Estudios Carballiñeses incorpora 23 novos socios, contando con casi 300

O Instituto de Estudios Carballiñeses aumenta o seu número de asociados en 23 co que suma nestes momentos cerca dos 300. A entidade dará o 12 de marzo na asamblea das novas incorporacións e, entre outros asuntos, decidirá a creación dun departamento de saúde dentro do Instituto, dada a situación actual na que os sanitarios teñen especial relevancia e tamén a que entre os novos asociados hai moitos médicos e farmacéuticos.

Entre os proxectos que desenvolverá ao longo deste 2022 destacan varias publicacións, concretamente a dos números 39 e 40 da revista Ágora do Orcellón; outra sobre “O románico na comarca de Ourense” e tamén sobre  “A desamortización e a abolición dos foros na comarca do Carballiño”.

Despois da reunión da asamblea, o Instituto de Estudios Carballiñeses celebra o acto de entrega do V Premio Ágora do Orcellón á doutora Marisa Crespo Leiro, natural de Santrós, en San Cristovo de Cea. É licenciada en Medicina pola Universidade de Santiago, e obtuvo o doutorado pola Universidad Autónoma de Madrid e a especialidade en Cardioloxía no Hospital Puerta de Hierro. Na actualidade dirixe a Unidade de Insuficiencia Cardíaca e Trasplante Cardíaco no Chuac. 

Este acto estaba previsto para o 18 de decembro do pasado ano 2021, que se suspendera por causa da pandemia e que foi convocado para o 12 de marzo.

Marisa Crespo Leiro recibirá o primeiro exemplar do número 38 da revista Ágora do Orcellón, un monográfico que está relacionado coa homenaxeada, na que colaboran corenta persoas e onde a temática central é a medicina. A autoría das colaboracións corresponde na súa maioría a médicos especialistas nos heteroxéneos campos da medicina, especialmente cardiólogos, pero hai tamén escritores, periodistas, académicos, autoridades das institucións galegas, entre outros.

Será Avelino Muleiro, director do Instituto de Estudios Carballiñeses, quen se vai encargar da presentación inicial, dando paso seguidamente á lectura da acta do xurado e ás intervención de amigos e colegas de profesión da premiada.

O laudatio sobre Marisa Crespo correrá a cargo de María Crespo e tamén se lle entregará á premiada unha creación orixinal do pintor Antón Pulido.

Entre as autoridades invitadas están o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar;  e o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices.

A presentación correrá a cargo da actriz Uxía Blanco, que se incorpora como nova socia do Instituto, e tamén se contará coa actuación do cantautor ourensán Emilio Rúa.

Te puede interesar