Maside acolle unha aula para aprender a reciclar

A Praza Maior de Maside acolle mañá, dende as 11,30 ata as 14,00 horas e dende as 16,00 ata as 17,30 da tarde, unha aula de concienciación da reciclaxe co obxecto de informar e concienciar aos veciños da necesidade de mellorar a recollida selectiva mediante a separación de envases, latas e plásticos domésticos do colector amarelo reducindo ao máximo aquel lixo que acaba no depósito verde e que non debe ir a el.
Para esta actividade instalarase unha carpa duns 50 metros cadrados, dentro da cal se realizarán diversas actividades dirixidas por un equipo de tres monitores que explicarán de xeito sinxelo, didáctico e atractivo como se debe levar a cabo unha axeitada separación dos residuos domésticos para vertelos nos recipientes que corresponden con vistas a súa posterior reciclaxe.

Na aula disporase de abundante material informativo así coma unha bolsa con residuos para a realización da actividade práctica. Para premiar a participación dos asistentes, haberá diversos agasallos que gardarán relación coa temática desenvolta.

Te puede interesar