Maside implanta WiFi gratis en edificios e rúas

Maside 14/2/22
Alameda de Maside

Fotos Martiño Pinal
photo_camera O céntrico Parque da Alameda é un dos espazos públicos con WiFi (MARTIÑO
O Concello promove así o uso de novas plataformas e servizos dixitais

O Concello de Maside vén de implantar unha rede WiFi municipal no marco do programa europeo WiFi4EU, unha iniciativa dotada con 15.000 euros e financiada pola Unión Europea, que promove o acceso libre dos cidadáns á conectividade de banda ampla en espazos públicos coma parques, prazas, edificios oficiais, bibliotecas, centros de saúde ou museos en municipios de toda Europa.

O proxecto permitiu dotar de conectividade WiFi de banda ampla en diferentes localizacións do concello, cun total de 11 puntos de acceso repartidos entre o edificio do catastro, o colexio vello, as pistas de pádel, Parque da Alameda, local social e centro de saúde de Dacón, praza da igrexa de Dacon, Praza de San Roque de Dacón e local social de Santa Comba.

No proxecto destaca ademais a implantación de diferentes radioenlaces, o que permitiu despregar unha rede troncal para comunicar distintas localizacións, minimizando os custes recurrentes na contratación de novas liñas de acceso a internet para o Concello.

Calquera usuario ubicado no área de cobertura da rede WiFi4EU poderá acceder de xeito seguro e gratuíto as 24 horas do día sen limitación de velocidade de navegación. No momento de conectarse por primeira vez á rede, o usuario será redirixido a unha páxina segura de inicio de sesión.

Con esta iniciativa o Concello de Maside pretende promover o uso de novas plataformas e servizos dixitais innovadores, facilitando a comunicación gratuíta tanto a residentes como visitantes, segundo afirma o alcalde, José Manuel Iglesias, impulsor de este proxecto que contou con financiación da Unión Europea.

Te puede interesar