O CARBALLIÑO

Medio Ambiente eliminará 16 focos de vertidos sólidos en Cea

Os espazos ocupados agora polos residuos serán recuperados co estendido de terra vexetal

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda eliminará un total de 16 puntos de vertido incontrolado (PVI) en San Cristovo de Cea. As actuacións previstas, que comezarán nos próximos días e terán un custo estimado de 75.000 euros, consistirán na recollida, clasificación e retirada do material acumulado nestas zonas –fundamentalmente residuos procedentes de traballos de construción e demolición, plásticos, madeira, neumáticos fóra de uso ou aparellos voluminosos, entroutros- e na posterior revexetación dos solos mediante o estendido de terra vexetal e hidrosementeira.

Este tipo de intervencións enmárcanse nunha campaña da Xunta para identificar e erradicar estes focos. Coa limpeza dos PVI, perséguese minimizar e corrixir os impactos e a degradación ambiental orixinados, logrando a integración do lugar coa contorna e eliminando o hábito entre a poboación de seguir depositando lixo nestes lugares.

O rexedor tamén aproveitou a reunión para presentarlle á conselleira algún dos proxectos en materia de humanización de espazos urbanos. Vázquez Mejuto comprometeuse a estudar posibles vías de colaboración co concello e lembroulle que hai unha nova orde de axudas, dotada con 2,5 millóns de euros.

Te puede interesar