ROTEIRO

Medio cento de persoas acuden ao segundo roteiro por Xurenzás

uploaded_boboras_result
photo_camera Os participantes no roteiro pousan diante da igrexa de San Pedro por Xurenzás.

O Concello de Boborás maniféstase satisfeito pola asistencia, e empraza a todos os interesados ao próximo roteiro que terá lugar o vindeiro 14 de maio na parroquia de Cardelle.

A choiva non foi impedimento para que medio cento de persoas se achegarán ata a igrexa de orixe románica de San Pedro de Xurenzás, para participar no segundo roteiro cultural que organiza o Concello de Boborás, coa colaboración da Deputación de Ourense e levado a cabo por membros do Centro de Estudios Chamoso Lamas. O Concello de Boborás maniféstase satisfeito pola asistencia, e empraza a todos os interesados ao próximo roteiro que terá lugar o vindeiro 14 de maio na parroquia de Cardelle.

Os asistentes tiveron a oportunidade de visitar a igrexa de San Pedro de Xurenzás, que garda no seu interior dous baldaquinos, que os historiadores sitúan a finais do século XIII e atribúen o mestre de Ventosa (Agolada), sendo este o único que se conserva na comarca. Ademais, pasearon por un bosque autóctono e viron a aldea de Balboa, todo elo baixo as explicacións de Xosé Luis Sobrado, Jorge Lamas, Juanjo Álvarez, Diego Reboredo e Adolfo Otero, participando tamén a portavoz de Boborás, Patricia Torres.

Te puede interesar