emprego

Medio cento de persoas optan a catro prazas no Concello do Carballiño

foto_carballino_result
photo_camera Operario da brigada municipal de limpeza, traballando onte na avenida do Balneario.

Están destinadas a cubrir continxencias en varios servizos por vacacións ou baixas médicas

Un total de 50 persoas están a participar nos respectivos procesos de baremación para optar a catro plazas da bolsa de emprego convocada neste mes de agosto polo Concello do Carballiño, e orientadas a cubrir calquera posible continxencia do personal titular por vacacións ou baixa médica.

Concretamente, trátase dun posto de chófer, outro para limpeza de edificios e dous de profesores de percusión e vento-metal correspondentes á plantilla do Conservatorio de Música municipal. Os aspirantes atópanse na actualidade na fase final do procedemento de selección, que inclúe valoración de méritos e pequenos exames de carácter técnico.

O concelleiro de Personal, Adolfo Nogueira, apunta que "con esta bolsa de emprego podemos solucionar a ausencia dos traballadores cando sexa preciso". O edil socialista engade que "para paliar a falta de operarios nas brigadas de obras e medio ambiente cara outono e inverno, proporemos ó Inem a sinatura de novos convenios de colaboración social para facilitar o emprego de persoas en paro".

Con este tipo de convenios, o Concello carballiñés dispuxo ó longo de todo este verán de tres brigadas de traballadores para levar a cabo tarefas de desbroce no paseo fluvial e no Camiño dos Arrieiros, e tamén para a limpeza das fontes no rural".

Te puede interesar