A mellora dun sendeiro permitirá coñecer a área termal de Maside

Un antigo camiño de pescadores de dous quilómetros de lonxitude que discurre pola beira do regato de Garabás, en Maside, está sendo obxecto de traballos de acondicionamento por parte da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. As obras consisten na realización de empedrados e tramos de escadas de madera en varios puntos do trazado deste sendeiro natural.
Tamén se está a levar a cabo un desbroce selectivo da vexetación herbácea e arbustiva ó longo do camiño, procedendo á tala e retirada de aqueles árbores caídos, secos ou con perigo de derrube sobre o cauce ou as ribeiras do regato. Por outra banda, a Confederación Hidrográfica fai unha limpeza integral dos residuos sólidos urbáns, voluminosos e perigosos, 'de xeito que xa se separan en orixen según o tipo de material e logo se trasladan para o seu posterior tratamento e reciclaxe', indica o alcalde de Maside, Celso Fernández.


BAÑOS

O obxectivo deste proxecto é conquerir unha nova vía de comunicación peatonal entre a estrada que vai a Amoeiro e a área termal de A Rañoa. 'Este sendeiro permitirá a moitos veciños de Maside e tamén ós nosos visitantes coñecer a paraxe natural onde nace un manantial de augas mineromediciñais, que incluso pódense aproveitar bañándose nelas nas piscinas que abrimos tódolos veráns', señala el regidor masidao.

Por outra banda, os afecionados á pesca disporán dunha zona onde poder disfrutar do seu deporte favorito sen ter que alonxarse do municipio. Neste aspecto, o proxecto contempla a instalación de pasarelas de madeira para facilitar o cambio de beira do regato sen ter que dar un rodeo en automóbil por estrada. Celso Fernández engade que 'ó carón do sendeiro hai uns antigos muíños, nos que imos a acondicionar unha pequena área recreativa, con mesas e papeleiras de madeira, adicadas ó descanso e esparcemento dos camiñantes que desexen facer o percorrido entre o complexo termal de A Rañoa e a estrada de Amoeiro'.

Te puede interesar