Un milleiro de sinaturas rexeitan a planta de Cea

Un asistente á feira asina o documento. (Foto: Eva Domínguez)
Veciños das localidades de Mundín e Garabás (Maside); Mouriz, Barón e Seoane (Carballiño) e Ariz e San Facundo (Cea) constituiron unha plataforma cidadán contra a construcción dunha planta de compostaxe en terrenos de Fontaíñas, aldea ubicada no último dos concellos citados.
Co apoio dos grupos políticos do PSOE e BNG dos tres municipios, iniciaron onte unha campaña de recollida de sinaturas (máis de 1.000, según os promotores) na vila do Arenteiro, coincidindo coa xornada de feira mensual. No contorno da Praza Maior do Carballiño, instalaron unha mesa, na que baixo o lema 'Valladares, merda non' (en alusión o alcalde de Cea), tamén distribuiron panfletos encol da contaminación que xenera este tipo de industrias.'Xa encargamos un equipo xurídico de asesoramento, e imos solicitar informes á Confederación Hidrográfica Miño-Sil e a Sanidade para que determinen a afectación dos mananciais e dos nacientes do río Carrás', indicou o alcalde carballiñés, Carlos Montes.

Os integrantes da plataforma tamén se desprazaron, a última hora da tarde de onte, ata o campo da festa da parroquia de Garabás, en Maside, para a colocación de pancartas reivindicativas. As mobilizacións terán a súa continuidade o vindeiro sábado, coa convocatoria dunha manifestación en Cea o vindeiro sábado, coincidindo coa segunda xornada de actuacións do 'Festival Internacional de Orquestras de Galicia', para a que xa está solicitada a pertinente autorización. As corporacións municipais de Maside (20.00 horas) e Carballiño (21.00 horas) posicionaranse hoxe sobre o proxecto.

Te puede interesar