O couto fluvial acolleu ‘Pesca sen barreiras’ CARBALLIÑO X.A.R.

Os minusválidos ourensáns batiron o récord de capturas de troitas no río Arenteiro

Un dos participantes na xornada tenta a sorte no río Arenteiro. (Foto:  Miguel Ángel )
A undécima edición da ‘Xornada de pesca sen barreiras’, organizada polos xestores do couto do río Arenteiro, reuniu no Carballiño a 35 minusválidos físicos da asociación Aixiña de Ourense. Os participantes capturaron un total de 60 troitas e Ángel Bolaño foi o gañador ó conquerir cinco exemplares.
O sol e a alta temperatura obrigaron a pechar en menos dunha hora o tradicional campionato da ‘Xornada de pesca sen barreiras’ nas plataformas adaptadas para discapacitados físicos ubicadas no río Arenteiro e baixo o Parque do Carballiño.

Nesta undécima edición do certame participaron 35 minusválidos da asociación Aixiña de Ourense, que conqueriron un récord de capturas de salmónidos a pesares do curto intervalo de tempo -das 10,45 ás 12,00 horasno que estiveron lanzando os anzós no couto que xestiona a Sociedade de Pesca ‘Arenteiro’. Finalmente, foron 60 as troitas que os afecionados de Aixiña lograron coller coa colaboura de monitores e de socios da entidade deportiva.

Tres trofeos

Por iste motivo, os empates ‘técnicos’ no número de exemplares tiveron que ser resoltos polo seu tamaño. Deste xeito, Ángel bolaño Conde fíxose acredor do primeiro premio con cinco troitas, as mesmas do segundo clasificado, Manuel Gómez, mentres Eloy Gómez recibiu o terceiro trofeo con catro unidades. A entrega dos tres galardóns levouse a cabo no restaurante ‘Baccus’ e no transcurso dun xantar de confraternidade e, ó seu remate, os participantes desprazáronse ata o Mosteiro de Oseira, en Cea, onde visitaron o monumento na compaña dunha guía do Padroado Municipal de Turismo do Carballiño.

Te puede interesar