DEBATE

Unha moción pide un debate sobre inmobles infrautilizados

Alternativa Veciñal pide unha comisión dinamizada polo seu portavoz para facer propostas sobre a súa valorización

O grupo municipal Alternativa Veciñal do Carballiño insta ao concello a través dunha moción que se aborde un debate serio e global sobre os múltiples inmobles de titularidade municipal ou doutras administracións, pero ubicados no municipio, que están infrautilizados, dependen de concesións cuxas cláusulas se incumplen ou que a súa xestión corre a cargo doutros organismos que aportan cartos públicos para o seu manteñemento. Esta situación, engade este grupo da oposición, "contrasta coas necesidades deste concello para atender diversas reivindicacións da cidadanía a fin de realizar actividades ou prestar servizos básicos para a comunidade".

O portavoz, Bernardo García, solicita que se aprobe a creación dunha comisión non executiva dinamizada polo portavoz de Alternativa Veciñal que faga propostas ao pleno sobre a valorización das edificacións de titularidade municipal ou doutras administracións, pero ubicadas no municipio do Carballiño.

O concelleiro refírese ao Muíño das Lousas, Restaurante O Pote, Fábrica de Papel, Centro de Interpretación da Natureza e Parque Municipal e Chalet das Barcias, sinalando que son de titularidade doutras institucións ou cedidos a outros entes, e que están infrautilizados.

Te puede interesar