MEJORAS

Unha moción reclama un falso teito no Centro de Saúde do Irixo

Unha moción do grupo socialista do Irixo demanda mellor limpeza e mantemento do entorno do Centro de Saúde e reparacións no edificio para evitar as filtracións de auga

Unha moción do grupo socialista do Irixo demanda mellor limpeza e mantemento do entorno do Centro de Saúde e reparacións no edificio para evitar as filtracións de auga. Tamén insta ao goberno local do PP a realizar obras de construción dun falso teito na parte central destinada á sala de espera, para facer o espazo máis acolledor e quente nos meses de inverno, o que tamén conlevaría un aforro enerxético en calefacción. A moción, segundo o portavoz Iago Fariñas, recolle as queixas que lle chegaron dos usuarios.

Te puede interesar