LEI MORDAZA

Moción para reclamar que se derogue a “lei mordaza"

O obxectivo é pedir á Corporación que esixa a derogación da chamada "lei mordaza"

O grupo municipal Alternativa Veciñal de Carballiño presentou unha moción para pedir á Corporación que esixa a derogación da chamada "lei mordaza", "por ser unha ferramenta antidemocrática destinada a reprimir ós sectores sociais máis débiles", indica a proposta.

Alternativa Veciñal tamén pide a solidaridade con Emilio David Cao Mota, para o que a Fiscalía solicita cinco anos e oito meses de prisión por supostos delitos de resistencia á autoridade e agresión a un policía durante as "Marchas da dignidade", que tiveron lugar en Madrid en marzo do 2014. Este grupo da oposición insta ao pleno a solicitar da Fiscalía a retirada dos cargos que se lle imputan e "esiximos, á súa vez, a súa absolución", matiza.


Finalmente, propón que o acordo sexa remitido á Subdelegación Provincial do Goberno do Estado a fin de que llo transmita aos ministerios correspondentes.


Ademais, o portavoz de Alternativa Veciñal, Bernardo García, anunciou unha concentración para o 3 de decembro baixo o lema "Eu tamén son Emilio Cao". 

Te puede interesar