Un monolito adicado a Manuel María foi arrincado na Veracruz

Un dos monolitos instalados polo Concello do Carballiño en homenaxe ó poeta da Terra Chá, Manuel María, foi arrincado do seu emprazamento orixinal no adro do templo de A Veracruz e aparece tirado no recinto dunha construcción do contorno.
Esta placa metálica correspon de a un dos poemas que o vate lucense publicou no libro ‘Cantigueiro de Orcellón’, concretamente o que leva por título ‘Canción do templo da Veracruz’.

Outras adicacións semellantes están ubicadas na Praza Maior, Barrio de Flores, Pena dos Namorados, Praza das Galiñas e na Fonte do Concello, e configuran un roteiro literario.


Te puede interesar