HOMENAJE

Un monolito lembrará a Juan Corral, “mestre de carballiñeses"

O acto celebrarase o 27 de noviembre coa asistencia de autoridades, familia e exalumnos do "Isabel la Católica"

Unha placa de bronce que irá colocada nun monolito de granito lembrará a Juan Corral Pajariño e a súa dona, Matilde Pérez Otero, fundadores do colexio "Isabel La Católica" do Carballiño. Un centro no que se educaron "cinco xeracións de carballiñeses na segunda metade do século XX". Este monumento ubicarase nun lateral da praza na que estivera ubicado o colexio, na rúa que tamén se denomina Juan Corral Pajariño.

O descubrimento deste monumento realizarase o próximo domingo 27 de novembro, nun acto cultural e de lembranza que se celebrará ás 13,15 horas. O acto contará con varias intervencións, entre elas, a do alcalde Francisco Fumega e representantes dos antigos alumnos e da corporación que lle dedicou a rúa, ademáis da familia Corral Pérez, que é quen promove esta homenaxe e financia na súa totalidade o custo do monumento.

No acto tamén participará o Orfeón do Carballiño e a Coral do Casino, interpretando dous temas ao comezo e ao remate do acto, no que tamén haberá un pequeno concerto da Banda Escola de Música do Carballiño como lembranza da paixón de Juan Corral pola música.

A este evento, no que colabora o Concello do Carballiño, están convidados todos os veciños interesados en asistir, especialmente aqueles que estudaron neste centro de ensinanza antes da apertura do colexio Calvo Sotelo e dos dous institutos públicos.

Te puede interesar