Montes presenta no Carballiño a súa novela sobre Valentín Fernández

O autor Carlos Montes, acompañado por concelleiros.
photo_camera O autor Carlos Montes, acompañado por concelleiros.
O Casino Cultural e Recreativo do Carballiño acolle hoxe a presentación da novela histórica “Memorias do Esquecemento”, de Carlos Montes Marqués

Unha obra que pretende recrear a biografía dunha das personaxes de maior relevo na historia galega da primeira metade do século XIX: Valentín Fernández, non soamente o artífice de que o Carballiño se convertese nunha vila e tivese un lugar destacadísimo nas crónicas deses anos, senón por ser un pioneiro que abandeirou as correntes municipalistas en España e liderou varios movementos revolucionarios do liberalismo. 

Este persoeiro foi aclamado como un heroe nacional polo seu incansable traballo na defensa das liberdades nunha época tan convulsa como foi o século XIX. O acto estará presentado polo ex Fiscal Superior de Galicia, o carballiñés Carlos Varela, e será ás 20,30 horas.

Te puede interesar