Música, teatro e recordo ás vítimas con motivo do 25-N

O Día Internacional contra a Violencia de Xénero impulsa numerosos actos nos concellos e tamén nos centros educativos. En Piñor, ademais do contacontos “Aprendendo a querer” e do xogo “Coñece o teu Concello: Piñor+Igualdade”, está previsto o taller para nenos de 10 a 17 anos, “A violencia de xénero no novo contexto dixital”, que terá lugar o próximo 3 de decembro.

En Boborás, o Concello ofrece unha actuación de folk galego do grupo Caldo, que terá lugar o día 27 de novembro, ás 18,30 horas na Saleta. Asimesmo, no Carballiño haberá un acto institucional o 25 de novembro, ás 12,00 horas, no salón de plenos. Tamén o día 25, o IES Chamoso Lamas desenvolverá un acto con lectura dun poema e carta homenaxe ás víctimas; a exposición de pancartas conmemorativas do día; lectura dos nomes  das persoas falecidas durante este ano e unha performance do grupo de teatro.

Te puede interesar