Música e xogos animan na praza maior a festa adicada á cervexa

A Praza Maior do Carballiño acolle dende a tarde de onte e ata o vindeiro venres a terceira edición da 'Festa da Cervexa', organizada polos cafés 'El Caserío' e 'Plaza', a 'Taberniña Latina' e o restaurante 'RincónAzteca', e que conta co apoio e colaboración da Concellería de Turismo.
Este festexo tenta achegar ós veciños e visitantes da vila do Arenteiro a diversidade gastronómica das cociñas alemana e mexicana, como os 'antojitos', as salchichas, os chourizos criollos, os pinchos morunos e a costela asada, acompañadas de cervexas nacionais e de importación.

O concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, destacou que 'calquera iniciativa deste tipo que sirva para a promoción do sector hosteleiro e de atractivo turístico temos que apoialo entre todos'. A animación nestes tres días corre a cargo dunha discoteca móbil, o grupo 'La Mekánika', os mariachis 'Coruña Mex' e unha tuna universitaria de Santiago de Compostela.

Un total de 40 establecementos de hostelería, comerciais e de distribución de bebidas puxeron o seu grao de area para a montaxe de toda a infraestructura e suministro de material no centro da Praza Maior, na que hai instaladas tres carpas temáticas correspondentes a cada tipo de cervexa. Os máis pequenos tamén disfrutarán de xogos e agasallos.

Te puede interesar