economía

Nace unha plataforma cidadá contra a subida do IBI

O oxectivo é dar amparo a calquera veciño de calquera concello da comarca que teña sospeitas de que está pagando de máis pola súa vivenda no recibo da contribución

Veciños de Boborás e de outros concellos da comarca do Carballiño, poñen en marcha a plataforma XU.RE.CA., que nace para facer fronte ao incremento que se ven dando ano tras ano no recibo do IBI (Imposto de Bens Inmobles).

Este incremento na contribución urbana vense dando no caso de Boborás desde o ano 1990 e pese a que este concello ten xa o IBI urbán ao mínimo, e tras solicitar a suba dos coeficientes de actualización, "incrementando así o valor catastral das casas e dos diferentes inmobles sen ter motivos para elo", sinalan os membros da plataforma.

Engaden que isto fai que ano tras ano "teñamos que pagar máis no recibo da contribución".

O primeiro obxectivo de esta plataforma é coñecer as motivacións para que se incrementasen os coeficientes de actualización, estudiar as notificacións recibidas pola veciñanza afectada de esta subida e ver que teñen tódolos requisitos que esixe a lei.

Tamén, de ser o caso, esta plataforma tomará as medidas legais pertinentes no caso de atopar deficiencias ou presuntas ilegalidades na aplicación dos coeficientes de actualización nos distintos concellos e na Deputación á hora de proceder ao seu cobro.

Nace pois esta plataforma coa idea de dar amparo a calquera veciño de calquera concello da comarca que teña sospeitas de que está pagando de máis pola súa vivenda no recibo da contribución. O correo de contacto coa entidade é [email protected].

Te puede interesar