Os nenos de Piñor aprenderán como enfrontarse aos conflitos

O Programa complementario de educación e apoio familiar organiza a "Semana dos superpoderes"

O Programa complementario de educación e apoio familiar do Concello de Piñor pon en marcha unha nova actividade para os nenos, a “Semana dos superpoderes”. O Programa de Educación Familiar é un servizo que ademais de trallar de forma individualizada coas familias con diferentes problemáticas (menores en situación de risco ou desamparo, conflitividade familiar, dificultades educativas, drogodependencias, etc) tamén leva a cabo actividades comunitarias que permitan traballar aspectos preventivos que favorezan o desenvolvemento axeitado da familia e infancia.

Financiado pola Consellería de Política Social e polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020 como parte da resposta da Unión Europea á pandemia, levarase a cabo a actividade “Semana dos superpoderes, unha maneira orixinal, lúdica e chamativa de traballar cos nenos e nenas as habilidades precisas para afrontar as diferentes dificultades que poidan atopar ó longo da súa vida”, sinalan desde o Concello de Piñor. 

“A educación en valores como o respecto é esencial para crear adultos que configuren unha sociedade mellor. Por outra banda, preténdese dotar ós participantes de “superpoderes” como a autoestima, a empatía... e competencias emocionais que fomenten o seu desenvolvemento persoal e faciliten a resolución de conflitos”, engaden. 

Terá lugar os días 11, 12, 13 e 18 de abril.

Te puede interesar