A nova polarización das antenas aforrará gastos ós veciños que instalen a TDT

A empresa ‘Jesús Rodríguez’, instaladora oficial na comarca do Carballiño das antenas de televisión, anunciou un cambio na polaridade do sinal de emisión da Televisión de Galicia (TVG), que ten emprazados os seus equipos reemisores no monte de A Medela. Según explican os técnicos, con esta modificación ‘evítase que as comunidades de veciños e particulares teñan que colocar máis dunha antena para recibir tódalas canles da Televisión Dixital Terrestre (TDT).
Ata finais da semana pasada, a polarización do sinal da TVG era horizontal, mentres que o resto de sinais das canles públicas e privadas era vertical. Iste feito obrigaba a que os usuarios debían contar con dúas antenas nas súas vivendas ou edificios para achegarse a toda a oferta televisiva.

Por outra banda, o Concello carballiñés mantén os traballos para dar cobertura total da TDT á poboación da vila e do rural do municipio da TDT, unha vez iniciadas as obras da caseta e o poste reemisor de Señorín.

Te puede interesar