Nova revista do Instituto de Estudios Carballiñeses

O Instituto de Estudios Carballiñeses aproveitou a asamblea xeral de socios que celebrou onte para presentar, nun acto aberto ó público, o número 25 da súa revista Ágora do Orcellón. Interviron no acto: Antón Pulido (deseñador da portada), Luis González Tosar, Víctor Campio, Estanislao Fernández de la Cigoña-Núñez, Ladislao Castro, Rafael Otero, Nieves Amado, José Manuel Iglesias, Modesto Hermida e Carlos Varela.
Posteriormente, Xesús Alonso Montero ofreceu unha conferencia, pechando as intervencións Valentín García, secretario Xeral de Política Lingüística.

A revista consta de 268 páxinas, con colaboracións de recoñecidos persoeiros vencellados á cultura. En total, 23 traballos, con nomes tan destacados como Xosé Neira Vilas, Luis González Tosar, Xesús Alonso Montero ou Carlos Varela, entroutros.

Te puede interesar