A nova sinalización no cruce da A-52 facilita o acceso de vehículos a Carballiño

O alcalde do Carballiño, Carlos Montes, amosou a súa satisfacción polas novas sinais instaladas na autoestrada das Rías Baixas (A-52), que une Galicia coa Meseta, ‘xa que proporcionan información ós automobilistas sobre a situación xeográfica da nosa vila’.
As autoridades municipais solcitaran no pasado verán que se incluira a Carballiño dentro da sinalización desta vía, sobre todo no desvío cara a nova autoestrada a Dozón e Santiago.

‘Nós comprobamos como nese cruce só existían sinais que anunciaban o enlace para ir a Lalin e Santiago, e por iso púxenme en contacto cos responsables do Ministerio de Fomento para que arranxaran este erro’, indica o alcalde carballiñés. Finalmente, os técnicos deste departamento estatal ordenaron nesta mesma semana a colocacion dun cartel no citado cruce, ‘no que calquera conductor pode comprobar que o desvío da A-52 leva a Carballiño, Lalín e Santiago’.

Enlace

Carlos Montes apunta que ‘esta nova sinalización supòn un achegamento de Carballiño a tódolos automobilistas que circulan pola autoestrada das Rías Baixas e que antes, se non coñecían a zona, non sabían que podían acceder ata a nosa vila dende o enlace cara Dozón e Santiago que foi inaugurado recentemente, e que no que non hai que abonar peaxe’.


Te puede interesar