MELLORAS

Novo céspede para os xardíns da Praza Maior

Os operarios cambiearon toda a superfície terrosa por ouro céspede máis consistente e que deu resultado duns xardíns con máis superfície verde e unha tonalidade máis viva. 

Unha empresa contratada pola Concellería de Medio Ambiente do Carballiño vén de rematar a reforma dos xardíns existentes na Praza Maior da vila, que anteriormente estaban cheos de terra e con herba en mal estado. Deste xeito, os operarios cambiaron toda a superficie terrosa por un tipo de céspede máis consistente e cromáticamente máis brilante, mudando a imaxe do conxunto.

Destas obras resultaron uns xardíns con máis superficie verde e cunha tonalidade máis viva, que ofrece así un contraste coa cor máis escura das árbores plantadas na mesma zona. Asemade, según informou o devandito departamento municipal, a limpeza e a conservación deste tipo novo de céspede son moito máis doados cá da herba anterior, e pode manterse inalterable durante todo o ano.

Este material, que tamén se utiliza nos campos de fútbol, xa foi ensaiado con éxito na creación dunha nova praza que se acondiconou nunha antigua eira do barrio de Framia. Alí aproveitouse un solar abandoado para habilitar un xardín dotado de pequenos árbores, mesas e bancos para o esparcemento dos veciños da zona.

Te puede interesar