Un novo reemisor leva a TDT a Oseira

Os veciños da parroquia de Oseira, no municipio de San Cristovo de Cea, poderán sintonizar as canles da Televisión Dixital Terrestre (TDT) nesta vindeira fin de semana, dous meses despois de que un fallo no poste reemisor os deixara sin a sinal correspondente.
Según indicaron os técnicos da empresa Retegal, concesionaria da implantación e conservación do novo formato televisivo, 'o problema é que a antena de emisión está situada nunha zona de montaña onde o vento sopla con moita forza e causou danos no seu funcionamento'. Por iste motivo, os operarios da empresa solicitaron a colocación dun novo equipo de recepción no poste, 'que chegará entre o xoves (hoxe) e o venres', e que está preparado para aguantar ventos de ata 200 quilómetros por hora de velocidade.

COLABORACIÓN

O encargado de levar a cabo as xestións para o arranxo desta avaría foi o propio voceiro da oposición na Corporación de Cea, o socialista Guillermo Fernández Dopazo, que onte sentíase molesto 'coa falta de colaboración das autoridades municipais, que non souberon dar resposta ás reivindicacións dos máis de 300 veciños da parroquia de Oseira'. O concelleiro do PSOE engadiu que 'un alcalde ou o seu equipo de goberno non só deben estar para xestionar proxectos, senón tamén para tentar os problemas que a cotío sufren os cidadáns'.

Te puede interesar