carballiño

Un novo vídeo promocionará Carballiño nas feiras e nas redes sociais

Unha iniciativa para potenciar a vila nos certames turísticos nos que participa

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e os concelleiros de Cultura e Turismo, Diego Fernández e Manuel Dacal, presentaron este xoves o vídeo "O Carballiño Vila Turística" gravado con drons en alta definición para promocionar a vila a través de internet e as redes sociais, así como para proxectar nos certames de turismo aos que acuda o concello. O vídeo reproduce as imaxes dos principais recursos turísticos do Carballiño, tal e como sinalou  Fumega, referíndose ao termalismo, a gastronomía e o patrimonio cultural e natural.

"O turismo é un dos sectores máis dinámicos do Carballiño. Por iso é importante incidir na súa promoción. Somos unha vila turística cun gran potencial termal e gastronómico, e temos un gran patrimonio cultural e natural. Estes catro pilares é nos que se basea este vídeo", sinalou Fumega.n

Te puede interesar