melloras

Cinco operarios acondicionarán o Camiño dos Arrieiros

hj
photo_camera Tramo do Camiño dos Arrieiros.

Entre os meses de maio e setembro realizarán a limpeza e as obras necesarias nos 15 quilómetros da ruta

A Concellería de Medio Rural conxuntamente coas de Promoción Económica e Medio Ambiente promoveu, en colaboración co Inem, un plan de acondicionamento do Camiño dos Arrieiros. O obxectivo é aproveitar as axudas en colaboración social para mellorar o patrimonio natural e etnográfico das aldeas e parroquias. Este plan permitiu contratar a cinco persoas, entre as que hai un canteiro, albaneis e peóns forestais, cuxo labor será limpar e acondicionar os case 15 quilómetros de recorrido que ten esta ruta de sendeirismo, entre Fonteantiga e Mesego, incluidos diversos subtramos. 

O contrato é por catro meses, polo que dende maio ata setembro estes traballadores centraranse en acondicionar este camiño, que discorre por diversos tramos de río, cruzando pontes e lugares de interese natural e etnográfico.

O Camiño Natural dos Arrieiros, que foi inaugurado en febreiro do ano 2009 pola entón ministra de Medio Ambiente, Elena Espinosa, era a ruta usada no seu día polos transportistas que levaban viño a Compostela e Rías Baixas. 

Te puede interesar