A oposición de Boborás afirma que 'sobra unha sesión plenaria'

As dúas convocatorias de pleno consecutivas que anunciou o alcalde de Boborás, Cipriano Caamaño, do PP, para unha data sen concretar da vindeira semana, foron obxecto de críticas por parte do grupo independente MOVE, na oposición. As dúas sesións, que están pendentes de fixar día polo secretario do Concello, serían ás 8,00 e as 9,00 horas, coa planta de tratamento de residuos de O Irixo como eixo do debate.
A voceira de MOVE, Eva Pardo, suliña que 'non ten sentido que o primeiro pleno sexa ordinario cando o alcalde non o convocou o derradeiro venres de decembro alegando que non había temas de relevancia que tratar'. A edil independente lembra que os tres grupos políticos da oposición (MOVE, BNG e PSOE) solicitaron un pleno extraordinario en xaneiro, 'xa que Caamaño fixo caso omiso do pedido polos dous concelleiros nacionalistas hai un mes'.

O rexedor de Boborás indicou que 'se querían dous plenos, vannos ter pero os seus resultados xa os coñecen'. Caamaño anticipa que 'o grupo municipal de goberno vai votar en contra do rexeitamento da planta de residuos para O Irixo'.

Te puede interesar