Os opositores á incineradora reclaman á Xunta que decida

Otero, Reboredo e Nogueira, no acto. (Foto: MARTIÑO PINAL)
As tres plataformas cidadáns que rexeitan no Irixo a segunda planta de tratamento de residuos de Galicia remitiron un escrito ó Goberno da Xunta para que iste se pronuncie de xeito definitivo sobre a súa ubicación.
Concretamente, os representantes de Incineradora Non, Incineradora no Irixo Non e Incineradora no Deza Non, solicitan que 'nos sexa comunicada a postura oficial da Xunta a este respecto, de forma clara e rotunda e á maior brevidade posible'. O escrito foi remitido polo 'portelo único' dende a Casa do Concello do Carballiño, e vai dirixido ó presidente do Goberno autonómico, Alberto Núñez Feijóo, e ó conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández.

Os voceiros dos colectivos do Carballiño, Adolfo Otero e Diego Reboredo, e do Irixo, Juan José Nogueira, suliñaron onte no Casino Cultural que 'a necesidade de respostas dos veciños afectados é evidente, así como á de recuperar a normalidade, coa tranquilidade de non ver o noso futuro alterado por iste proxecto'. Ademais, instan ó alcalde do Irixo, Manuel Penedo, do PP, a que 'recapacite' e 'apoie ós seus veciños nesta loita'.


AVALIACIÓN

Un proxecto que, según indicaron fontes do departamento de Medio Ambiente, aínda se atopa para o seu estudio e avaliación técnica na Consellería de Industria. Unha vez obteña o visto bó dos expertos, será trasladado á Consellería que dirixe Agustín Hernández para ser sometido á pertinente avaliación de impacto ambiental.

Te puede interesar