MÚSICA

O Orfeón viaxa a Portugal para actuar en Lisboa e Fátima

Con estas actuacións, o Orfeón completa unha tempada pródiga en eventos e concertos, entre os que destacan a actuación que tiveron en Cantabria o pasado mes de marzo

O Orfeón do Carballiño desprazarase neste mes a Portugal para ofrecer dous concertos en Fátima e Lisboa. A actuación en Fátima terá lugar o día 22, e o 23 na capital lusa.

Con estas actuacións, o Orfeón completa unha tempada pródiga en eventos e concertos, entre os que destacan a actuación que tiveron en Cantabria o pasado mes de marzo, onde compartiron escenario co prestixioso coro polifónico Voz del Pueblo, así como o Festival de Habaneras celebrado no mes de agosto.

Por todo isto, os seus integrantes agradecen á xente do Carballiño e comarca a boa acollida que tiveron ao longo deste ano. 

Te puede interesar