A organización aplaza a feira de ecoloxía pola ameaza de choiva

A Asociación Cultural ‘Pepa Loba’ e a Concellería de Medio Ambiente do Carballiño decidiron suspender a celebración da feira ecolóxica ‘Bioterra 2009’ prevista para esta fin de semana, debido a ameaza de temporal.
A primeira edición da feira ‘Bioterra 2009’ non se celebrará nesta fin de semana no Carballiño, xa que os organizadores decidiron suspendela ‘polas adversas condicións meteorolóxicas previstas para o sábado e o domingo’, sinalou Darío Rodríguez, voceiro da Asociación Cultural ‘Pepa Loba’. Iste colectivo, coa colaboración da Concellería de Medio Ambiente, presentou hai uns días esta iniciativa, que conxugaba o cuidado do medio ambiente co comercio xusto e nocións de Micoloxía.

O Concello xa tiña instalados 20 postos de venda de productos da zona na Praza do Emigrante, pero a ameaza de choiva e temporal obrigou a súa retirada por falta dunha carpa para cubrilos. Nestes intres, a organización baralla outras datas alternativas para levar iste proxecto promovido por xóvenes da vila.


Te puede interesar