Os pais de Piñor aprenderán a diagnosticar a hiperactividade

O Concello de Piñor pon en marcha hoxe a segunda sesión da Escola de Familia.
Esta escola de pais e nais pretende formar ós proxenitores e a toda persoa interesada na tarefa de cómo educar ós cativos, pero tamén cómo afrontar certas problemáticas moi frecuentes na actualidade. É por todo isto polo que esta segunda sesión está adicada ó TDAH (trastorno por déficit de atención e hiperactividade). A educadora familiar, e psicóloga responsable do Servizo de Atención Psicoeducativa, SAP, do concello, informará ós pais dos síntomas máis frecuentes deste trastorno, cómo diagnosticalo e cómo abordalo educativamente, 'pois trátase dunha enfermidade cada vez máis presente na poboación infantil', sinalaron os organizadores.

O novo servizo municipal denominado SAP, tamén está destinado a este tipo de trastornos, sendo unha ferramenta máis para diminuir as consecuencias do transtorno por déficit de atención.

Te puede interesar