Carballiño

As parroquias do rural acollen unhas xornadas sobre igualdade

As persoas interesadas en asistir a estas xornadas poden anotarse nas súas respectivas asociacións de veciños, onde tamén lles ampliarán a información relativa a estas convocatorias.

Co obxectivo de concienciar ás mulleres do rural na igualdade, empoderamento e estereotipos de xénero, a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Sanidade do Concello do Carballiño, a través do Centro de Información da Muller (CIM), pon en marcha hoxe un ciclo de xornadas que levan por titulo "A muller de onte e de hoxe. Que queremos para mañá?" Estas xornadas estarán dirixidas por unha psicóloga.

A primeira xornada desenvoverase no local social da parroquia de Santa Uxía de Lobás, e as seguintes tamén se celebrarán nos locais sociais das asociacións de veciños das distintas parroquias do Carballiño. Así, o 8 de maio terá lugar a segunda xornada en Mesego; continuarán en Arcos, que será o día 10 do mesmo mes; En Mudelos o día 15; en Seoane o 23 e no Torrón o 24 de maio. 

As persoas interesadas en asistir a estas xornadas poden anotarse nas súas respectivas asociacións de veciños, onde tamén lles ampliarán a información relativa a estas convocatorias.

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Sanidade, Marina Ortega, anima aos veciños, especialmente ás mulleres das distintas localidades do rural carballiñés a participar nesta experiencia coa que se pretende axudar a acabar cos estereotipos de xénero en favor da igualdade entre homes e mulleres na vida cotiá.

Te puede interesar