As persoas con discapacidade contarán cunha psicóloga en Carballiño

Concello de Carballiño.

A asociación comarcal presta servizos de rehabilitación, psicología, de formación e lecer

A Asociación de persoas con discapacidade física e orgánica do Carballiño e comarca (Asdifica) recibiu da Deputación de Ourense unha subvención para desenvolver o proxecto “Atención ás persoas con discapacidade, rehabilitación e psicoloxía”, ao mesmo tempo que tamén conta cunha axuda económica do Concello de Carballiño para o programa “Actividades e atención a usuarios” neste ano 2023.

A institución provincial concedeulle 3.624 euros, correspondentes a partida de prestacións de servizos sociais, e por parte do Concello foi unha subvención directa de 3.000 euros.

Estas axudas permítenlle a entidade prestar un servizo de atención ao público e usuarios por parte dunha técnica. A súa función consiste en levar a coordinación de fisioterapia, rehabilitación e psicoloxía. Tamén, no que se refire a obradoiros, lecer, cursos e seguimentos para os traballadores sociais tanto da comarca como de Cogami, neste caso a través do Concello.

Por outra banda a fisioterapia e rehabilitación, que se segue levando a cabo no centro de fisioterapia Luis M. Lopez Alonso, é para conseguir unha mellora de rango de mobilidade, diminución da dor e sobrecarga, e traballar o fortalecemento muscular, do que se beneficiaron 20 usuarios.

En canto ao servizo de Psicoloxía, préstase no centro Larchavella para tratamento da depresión e apoio individual e familiar e previr o suicidio.

Te puede interesar