As persoas con discapacidade física reciben axudas oficiais

A Deputación de Ourense xunto o Concello do Carballiño subvencionaron o proxecto “Atención ás persoas con discapacidade, rehabilitación e psicoloxía”, neste ano 2022. A Asociacion de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica do Carballiño e Comarca (Asdifica), dentro dos Proxectos de Prestación de Servizos Sociais 2022, destinou a cuantía de 3.150 euros da institución provincial e de 3.000 da subvención directa do Concello do Carballiño ao desenvolvemento dese proxecto.

A técnica da asociación encárgase da coordinación de fisioterapia, rehabilitación e psicoloxía. Tamén atención ó usuario, organización de obradoiros, lecer, cursos e seguimentos para os traballadores sociais da comarca e de Cogami.

A fisioterapia e rehabilitación levanse a cabo no Centro de Fisioterapia Luis M. López Alonso, para conseguir unha mellora da mobilidade, para traballar o fortalecemento muscular, a diminución da dor e sobrecarga, e traballar o fortalecemento muscular, do que se beneficiaron 18 usuarios.

En canto ao tratamento psicolóxico, faise no Centro Larchavella, para o tratamento de depresión, o apoio individual ou familiar para adaptación en casos recentes de discapacidade ou incapacidade, como tamen para evitar conductas suicidas, segundo sinalan desde a asociación no Carballiño.

Te puede interesar