Piñor contará cun sendeiro ecolóxico polo río Arenteiro


O sendeiro discorre pola marxe dereita do río Arenteiro, comezando o seu percorrido na antiga fábrica de papel, e ten unha lonxitude de 400 metros.

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio prevé rematar as obras do sendeiro ecolóxico de Piñor a finais deste mesmo ano. Así llo trasladou a titular deste departamento autonómico, Beatriz Mato, ao alcalde de Piñor, José Luís González, durante a supervisión dos traballos que se están a executar e nos que se inviste 55.000 euros.

O sendeiro discorre pola marxe dereita do río Arenteiro, comezando o seu percorrido na antiga fábrica de papel, e ten unha lonxitude de 400 metros. As actuacións consisten no desbroce e mellora do sendeiro; no acondicionamento da senda con pedra de mampostería e recolocación de pedras xa existentes; na colocación de preto de 300 metros de varandas de madeira e 62 metros de pasarela, tamén de madeira; e na instalación de seis bancos e dúas mesas, así como varios paneis informativos. A conselleira salientou que este tipo de actuacións poñen en valor o patrimonio natural.

Te puede interesar