Piñor ofrece o espectáculo 'A ilusión dun músico'

O Concello de Piñor ofrece hoxe o espectáculo 'A ilusión dun músico', da man do Mago Martín Camiña e o baixista Álvaro Muras, dentro da programación 'Cultura no Camiño 2013'. Está dirixido a todolos públicos e a entrada é de balde. O inicio está previsto para as 20,30 horas, na antiga Escola de Cotelas.
Trátase dun espectáculo de maxia e con moito ritmo, no que o espectador tamén será protagonista, convertíndose en partífice da creación dunha historia. Os responsables de Cultura animan ós veciños a asistir e disfrutar desta divertida montaxe.

Te puede interesar