Piñor organiza un curso de asistencia a dependientes

O Concello de Piñor pon en marcha os luns, mércores e xoves do mes de maio un curso formativo de atención domiciliaria a persoas dependentes. 'Na actualidade as persoas maiores viven máis tempo, sen embargo, a calidade de vida vese deteriorada polos trastornos e enfermidades asociados ás idades avanzadas' manifestan as autoridades municipales. En moitos casos, recórrese a un familiar como persoa coidadora, noutros a coidadores profesionais ou residencias, polo que 'está claro que é preciso formarse para estar preparados para afrontar situacións de coidado dos nosos maiores', engadiron.
O curso é totalmente gratuito e ten unha duración de 30 horas. Desenvolverase grazas ó convenio coa Asociación Solidariedad Intergeneracional, a cal ofrece a entrada nunha bolsa de traballo para tódalas persoas participantes no devandito curso. As clases impartiranse no Centro Social de Piñor de 18,00 a 20,30 horas.

Toda persoa interesada pode comunicalo en Servizos Sociais do Concello de Piñor.

Te puede interesar