Piñor organiza mañá unha ‘andaina saudable’

Mañá, domingo, en Piñor terá lugar a 'III Andaina Saudable', de 15 e 10 quilómetros de distancia.
O Concello de Piñor ultima os preparativos da súa ‘III Andaina saudable’, que iste domingo incluirá unha ruta larga de 15 quilómetros e outra curta de 10 quilómetros, con dificultade media para os participantes. Os camiñantes partirán ás 10.00 horas dende a antiga escola de Cotelas para pasar polas localidades de Mirela, Vilariño, A Folgosa, Guimarás e Freás ata o punto de saída.

Te puede interesar