O CARBALLIÑO

A piscina municipal recibiu a máis de 22.000 carballiñeses

O Concello ten prevista a realización de traballos de acondicionamento de cara a vindeira tempada.

As piscinas municipais do Carballiño rexistraron durante a pasada tempada de verán unha das maiores afluencias de usuarios dos últimos anos, durante os tres meses que permaneceron abertas. Así, según os datos facilitados pola Concellería de Deportes, dende mediados de xuño e ata mediados de setembro vendéronse máis de 22.000 entradas, concretamente, 22.230, mentres que o pasado ano a cifra situábase nas 16.484, o que supón que este ano produciuse un incremento de preto de 6.000 entradas, un 34% máis.

Asemade, houbo un incremento considerable dos ingresos por este concepto, xa que neste 2016 recadáronse 46.317 euros, mentres na tempada anterior foron 31.545 euros. A estas cantidades hai que sumarlles as tarifas estipuladas pola venta de bonos mensuais e quincenais, que abarataban considerablemente o prezo da entrada ás piscinas, e que neste verán foron de 2.579 euros, así como os bonos correspondentes ós cursos de natación, que ascenderon a 4.154 euros. Polo tanto, os ingresos totais polo acceso ás instalacións durante a tempada estival superaron os 50.000 euros.

A meirande parte das entradas vendidas foron de persoas adultas, case 13.000, e algo máis de 9.000 no caso das infantís, que tiñan uns prezos de 2,50 e 2,00 euros, respectivamente, e, asemade, o Concello carballiñés tamén distribuiu 79 bonos mensuais e 15 bonos quincenais.

Según adiantou o concelleiro de Deportes, José Manuel Dacal, para a próxima tempada está prevista realización dalgunhas reformasnestas instalacións públicas. Concretamente, o edil fixo referencia á necesidade de acometer reparacións nas duchas exteriores, que na actualidade carecen dun sistema de drenaxe, e, ademais, no pavimento que rodea o vaso da piscina grande.

As obras correrán a cargo da brigada municipal, que nos meses previos á apertura das piscinas xa levou a cabo traballos de poda nos arbustos que permiten acollerse á sombra, e do acondicionamento e ampliación da zona de céspede que aproveitan os usuarios para disfrutar do sol.

Te puede interesar