O Carballiño

A 'Pista Roxa' acolle o programa de verán para os xóvenes

O Carballiño

A 'Pista Roxa' acolle o programa de verán para os xóvenes

O programa 'Verán Deportivo, verán divertido', que organiza a Concellería de Cultura e Deportes do Carballiño para tódolos xóvenes comeza hoxe a súa andaina cun torneo de baloncesto 3x3 nas instalacións da 'Pista Roxa', na céntrica Praza do Emigrante da vila, que se prolongará ata o sábado. De seguido, entre o 16 e o 28 de xullo, disputarase un campionato de fútbol 3x3, cun paréntese o día 22, festividade da Madanela, para realizar unha andaina ata o monte onde se celebra esta romaría.
Xa no vindeiro mes de agosto, o departamento municipal que dirixe Rodrigo González Hermida porá en marcha, entre os días 3 e 5, a primeira edición do torneo de 'billar pool', na que poderán participar xogadores profesionais e afecionados, según as categorías, para optar a premios de ata 500 euros e varios trofeos. O Concello carballiñés instalará un total de 12 mesas baixo unha carpa na pista e invitou ó campión do mundo desta especialidade, David Alcaide, para facer unha exhibición o 4 de maio, a partir das 21,00 horas. A programación rematará cos tradicionais torneos de 'voley praia', do 16 ó 18 de agosto, e de 'fútbol praia', do 20 ó 31 do mesmo mes.


PISCINAS

O concelleiro de Cultura e Deportes, Rodrigo González, anunciou que os días 26 e 27 de xullo e 9 e 10 de agosto, os rapaces que acudan ás piscinas municipais poderán disfrutar de xogos na auga con elementos hinchables, que serán colocados pola empresa que xestiona o parque acuático. Ademais, os rapaces de 7 a 14 anos interesados en participar no 'XVII Campus Impulso' poden inscribirse nas oficiñas do Concello, pagando unha cuota de 35 euros pola segunda quincena deste mes ou de 50 euros por todo o mes de agosto.

Más en O Carballiño