O CARBALLIÑO

O pleno busca consenso para mellorar o transporte público

<p></p>
photo_camera A estación de autobuses do Carballiño está ubicada na Avenida do Balneario.

Unha moción do grupo de goberno insta a facer un frente común contra a desaparición de servizos

O grupo de goberno socialista do Carballiño trasladou aos grupos da oposición (PP, BNG e Alternativa Veciñal) a nova proposta para ser debatida en pleno con vistas a reivindicar melloras no trasporte público tanto de ferrocarril como de autobuses. Nunha sesión anterior, a oposición rechazou abordar o asunto por vía de urxencia, ao estar os socialistas en minoría, argumentando que era necesario consensuar unha moción de forma conxunta. No pleno de mañá figura no orde do día, alertando da perda de opcións de comunicación que está a sufrir O Carballiño e instando a "establecer unha fronte común para deter esta sangría que nos levará tamén polo camiño do esquecemento".

A moción apunta que nos ultimos tempos desapareceron trens con destino a Santiago que daban servizo, sobre todo, a un gran número de estudantes. Tamén está a supresión do tren-hotel que unía Carballiño con Madrid, sendo esta a única conexión ferroviaria coa capital do Estado. Refírese a que os tres trens diarios que comunican Carballiño con Ourense son insuficientes e non responden á demanda de horarios, ao mesmo tempo que non facilitan a conexión cos Alvia que se dirixen a Madrid.

Engaden os socialistas que "non é moito mellor a situación das conexións por medio de autobuses, onde só catro liñas diarias circulan desde aquí ata a capital da provincia de domingo a venres, desaparecendo absolutamente os sábados". No caso de Santiago, a conexión por estrada aínda é peor, cun só transporte de luns a venres ás 13,45 horas e ningunha opción no sentido Santiago-Carballiño.

En consecuencia, instan a formar un equipo de traballo para reivindicar melloras, aumentando líñas de acordo coas necesidades, e recuperar os servizos que funcionaban. Para elo, dirixiranse ao Goberno central, Adif e Renfe, e pedirán apoio da Xunta e Deputación.

Te puede interesar