O CARBALLIÑO

O pleno do Irixo aproba 12 das 13 mocións dos socialistas

O goberno do PP rexeitou a petición de transparencia e a fiscalización da Mancomunidade de concellos do Carballiño.

O pleno do Irixo aprobou por unanimidade 12 das 13 mocións que defendeu o grupo socialista. Tamén se aprobaron diversas inversións de cara o presente ano, entre elas a mais cuantiosa a "construcción dunha senda peonil" entre Abanico e a estación, con 187.837 euros, correspondente a unha proposta do mesmo grupo do pasado 29 de abril de 2016; e o "acondicionamento do espacio público de Loureiro" cunha partida de 69.442 euros, a raíz doutra moción do mesmo ano.

O goberno do PP rexeitou a petición de transparencia e a fiscalización da Mancomunidade de concellos do Carballiño.

A corporación acordou a adopción de medidas disuasorias para previr accidentes e atropelos con xabarís; a posta en marcha dun plan de rehabilitación, conservación e posta en valor das fontes; a creación do transporte público municipal, especialmente para os días de feira, entre O Irixo e O Carballiño; a creación dun arquivo fotográfico histórico; a conservación e posta en valor da cultura inmaterial; o recoñecemento cultural da figura de Rosalía de Castro; a creación dun espazo para o estacionamento de autocaravanas; a protección da saúde da cidadanía fronte ó gas radón; a creación dunha agrupación de protección civil; axudas a retornados de Venezuela e o fomento da recuperación e rehabilitación de vivendas e edificacións no Irixo.

Te puede interesar