Seis pobos de Boborás verán melloradas as súas estradas

O Concello de Boborás vai executar obras de mellora en diversas estradas municipais, con cargo ó programa de proxectos no medio rural, que subvenciona a Xunta. Concretamente, trátase das pistas que comunican os núcleos de poboación de Parada de Cameixa, Fonte Moreiras, Feás, A Laxa de Moldes, O Regueiro e Xendive, cun orzamento global de 54.400 euros, que aporta a Consellería de Medio Rural.
Con este proxecto, o Concello 'pretende mellorar as condicións da rede de estradas municipais, garantizando a tódolos veciños unha maior seguridade e comodidade no tráfico rodado', indicou o alcalde, Cipriano Caamaño. Estas obras complementan os traballos realizados polas brigadas contratadas para as reformas nos firmes das estradas que comunican as diferentes parroquias de Boborás.


TURISMO

Esta inversión, xunto coas obras previstas no plan provincial deste ano 'tamén completará as melloras na rede de comunicación municipais', suliñou o rexedor 'popular'. Neste eido, o Concello xa rematou a apertura dunha ruta turistica entre a estrada N-541 (Ourense-Pontevedra) e as antigas minas de volframio e arsenopirita existentes na localidade de Balboa, na parroquia de Brués. Unha das brigadas que aportou a Xunta rehabilitou os vellos camiños polos que os mineiros transportaban as cargas de metal ata a estación do ferrocaarril.

Te puede interesar