Polémica en Piñor polas axudas a pistas deportivas

A concesión dunha axuda económica ó Concello de Piñor para o arranxo dunha pista polideportiva na parroquia de Arenteiro non é do agrado dos veciños de O Reino e A Corna, que consideranse discriminados polo alcalde, o socialista Francisco Xosé Fraga. A citada subvención, de 50.000 euros, foi solicitada pola alcaldía á Secretaría Xeral para o Deporte, se ben a superficie do terreo é de 200 metros cadrados. 'O proxecto correspondente non seguiu o trámite plenario', indica o voceiro do BNG na Corporación, Xavier Saco.
O edil nacionalista considera que 'é un despropósito do señor alcalde que pida estes cartos cando lle negou ós veciños da Corna axuda para a pista polideportiva que agora están facendo gracias a unha subvención do anterior Goberno bipartito, e aínda por riba lles puxo trabas para a concesión da licencia municipal'.

Xavier Saco engade que 'un caso semellante pasou co clube de fútbol da localidade de O Reino, que obtiveron unha resposta negativa do señor Fraga para a ampliación do seu campo de xogo ata as dimensións reglamentarias, e víronse na obriga de mercar as fincas colindantes e executar as obras con maquinaria da Deputación'.


DESPILFARRO

O alcalde, Francisco Xosé Fraga, considera que 'se ós do Reino e A Corna reciben subvencións, é un problema deles, xa que a pista de Arenteiro é municipal mentres os terreos deportivos dos que falan son particulares ou comunais'. O rexedor tamén comentou que 'o Concello está a pagar o gasóleo ós do Reino, que cecais son cartos que estamos despilfarrando'. Fraga manifesta que 'a pista de Arenteiro está en desuso e faise necesaria unha reposición das porterías, valado e todo o mobiliario.

Te puede interesar