OBRAS

Un poste retrasa as obras na beirarrúa do Instituto

<p></p>
photo_camera Obras de acondicionamento do muro e beirarrúa.

O traballo de reparación de ao redor de 70 metros de muro, beirarrúa e parte da calzada, comezou hai unha semana e pódese prolongar ata dúas máis

A beirarrúa situada fronte ao Instituto nº 1 do Carballiño, que resultou afectada polo derrubamento do muro de contención que a sostiña, quedará arranxada nos próximos días, segundo confirmaron fontes do concello.

O traballo de reparación de ao redor de 70 metros de muro, beirarrúa e parte da calzada, comezou hai unha semana e pódese prolongar ata dúas máis. Unha vez consolidado o muro de contención, as autoridades municipais están á espera de que Gas Natural Fenosa retranquee un poste eléctrico, que se atopa na metade da beirarrúa, dificultando o paso peonil, para proceder posteriormente a hormigonar o firme.

Esta obra está financiada íntegramente polo Concello do Carballiño e ten un custo de 17.000 euros. Neste tramo é onde estacionaba o autobús dos estudantes, que cambiou momentáneamente de ubicación, mentres non rematen as obras. Trátase dunha zona moi frecuentada tanto por vehículos como peóns, con acceso ao centro educativo e a localidade de Señorín.

Te puede interesar