O Potiño falla sete premios en dous certames de fotografía

Os premios serán entregados coincidindo co acto de presentación do Arenteiro Fotográfico 21, o próximo día 16  de outubro

O xurado do Concurso Libre organizado pola Asociación Fotográfica O Potiños en colaboración co Concello de Carballiño , entre máis de 150 fotos presentadas, acordou conceder o primeiro premio, dotado con 400 euros, á fotografia  “A Mariña sálvase loitando”, de Emilio Perez Vazquez; o segundo, de 200 euros, foi para “La chica en la ventana”, de Bego Amaré,  e o terceiro premio, de 100 euros, para “ Youg Vampire“, de Mariano Gabriel Fuentes 

Os premios serán entregados coincidindo co acto de presentación do Arenteiro Fotográfico 21, o próximo día 16  de outubro, na Casa da Cultura do Carballiño.

Así mesmo. o xurado dun segundo certame co nome Carballiño, seu Comercio, suas xentes e os seus paisaxes, organizado pola mesma entidade e tamén contando coa colaboración do Concello de Carballiño e o Centro Comercial Aberto, entre máis de 30 series presentadas, acordou conceder o primeiro premio, dotado con 500 euros en vales de compra no CCA, á serie de 4 fotos “Paisaxes do Concello” de Salomé Caamaño; o segundo, de 300 euros en vales, para a serie de 4 fotos, “Comercio Zapateria Manolo”, de Moncho Fuentes; o terceiro, de 100 euros para compras, foi á serie de 4 fotos “Comercio do Carballiño”, de Salomé Caamaño; a cuarta, “Paisaxe do río Arenteiro”, de Moncho Fuentes, será exposta coas gañadoras. Os premios igualmente serán entregados  o 16 de outubro.

Te puede interesar